PP, BNG, PSOE e NO.I.A pactan as asignacións económicas.


No Pleno de Organización celebrado o luns evidenciáronse os dous bloques políticos existentes na corporación, por unha banda os partidos tradicionais e por outra, a Marea Cidadá que aposta por un novo xeito de facer política.
Momento no que os concelleir@s da Marea agardan
a que os partidos tradicionais cheguen a un acordo no Claustro

No primeiro punto onde houbo discordancia entre a Marea e os catro partidos tradicionais foi no punto de conformación das comisións, a Marea propoñía reducir a 5 o número de integrantes das mesmas, mentres que o grupo de goberno propoñía 9. Dende a Marea críamos que é un gasto innecesario e polo tanto votamos en contra, amparándonos no informe de intervención e secretaria que deixaba claro que o voto ponderado, un representante por partido, era o que marcaba a lexislación vixente e significaba un aforro importante para as arcas municipais. Coa proposta da Marea o Concello aforraría en torno a 240€ por comisión, onde temos que ter en conta que existen nove comisións, sete informativas e dúas especiais.
No segundo punto onde existiu discrepancia foi no referente á asignación económica ás concelleiras e concelleiros. A Marea Cidadá fixo unha proposta para someter ao Pleno na que se pretendía aforrar un 50% con respecto á proposta do grupo de goberno.
Como BNG e PP non tiñan proposta ao respecto, pediuse un receso para que as catro formacións; BNG, PP, PSOE e NO.I.A chegaran a un acordo para repartir as asignacións económicas. Logo dunha hora de negociación entre as partes, volveron ao pleno e presentaron a seguinte proposta:
1-      Comisións e Xuntas de Goberno: 60€
2-      Asistencias a Pleno: 100€
3-      Asignación aos grupos: fixa 250€ e 50€ máis por cada concelleiro.

Fronte a proposta da MAREA:
1-      Comisións e Xuntas de Goberno: 50€
2-      Asistencia a Pleno: 50€
3-      Asignación aos grupos: fixa 160€ e 6€ máis por cada concelleiro.
Dende a Marea cremos positiva a  proposta de rebaixar as asignación por comisión a 60€ mais o resto de asignacións parécennos excesivas, polo que votamos en contra da proposta.  Segundo o cálculo que levamos a cabo cremos que coa nosa proposta podemos cumprir dignamente a nosa labor como concelleir@s sen necesidade de percibir unha asignación maior.


Por coherencia a Marea renunciou a diferenza entre a nosa proposta e a acordada polos partidos tradicionais