De aprobarse unha cantidade maior a que
propoñemos renunciaremos ao excedente.
De aprobarse unha cantidade maior a que
propoñemos renunciaremos ao excedente.
Neste punto a Marea Cidadá de
Noia apoiará a proposta do número de comisión informativas, facéndonos
responsables da Comisión Especial de Control da obra pública, froito do acordo
de investidura co Partido Socialista.
Por outra banda onde nace a
discrepancia na composición das comisión informativas, dende o grupo de goberno
propoñen un criterio de proporcionalidade, así as comisión estarían formadas
por 4 membros do PP, 2 do PSOE, 1 da MAREA, 1 do NO.I.A e 1 BNG. Dende a Marea
propoñemos que sexa mediante voto ponderado, polo só habería un representante
por cada grupo, o que permitiría un aforro do 45% con respecto a proposta do
grupo de goberno.
Neste caso a proposta da Marea
tamén é reducir a asignación por asistencia as comisións, o grupo de goberno
propón remuneralas con 100€, a Marea considera esta cantidade excesiva, crendo
que 50€ por comisión é suficiente.
O aforro proposto pola Marea neste
punto é entorno aos 30.000€, aínda que non podemos aplicar un cálculo exacto,
pois descoñecemos que concelleiros do grupo de goberno fan formar as comisión informativas
e especiais e con que frecuencia se van a convocar.
Asignación aos
concelleiros por asistir ao pleno.
Neste caso a Marea considera
desproporcionada a subida que propón o actual grupo de goberno, creemos que
pasar de 30€ a 100€ é unha aberración e non corresponde unha subida de tal magnitude
debido a situación económica dos nosos veciños e veciñas. A nosa proposta é que
a asignación por asistir ao pleno sexa de 50€, o que permitiría un aforro anual
con respecto a proposta do grupo de goberno de 9.000€ anuais.
Asignación aos
grupos políticos.
A proposta do grupo de goberno é a seguinte: 250€ por
grupo político e 50€ por cada concelleiro electo.
A proposta da Marea é a seguinte: 60€ por
grupo político e 6€ por cada concelleira electa.
Creemos que manter a asignación actual
é a mellor opción. Entendemos que é escasa para cubrir os gastos ordinarios dun
grupo político, mais entendemos que a xente do común tamén se esta axustando
para chegar a fin de mes, os partidos políticos deben ser o reflexo da cidadanía
e non vivir de costas a ela. Esta proposta aforraría as arcas municipais preto
de 15.000€.
Asignación por comisións
e xunta de goberno.
Dende a Marea queremos que non se
agochen salarios mediante comisións, polo tanto propoñemos que a Xunta de
Goberno e a Comisión de Goberno teñan unha asignación de 50€, en contraposición
coa proposta do grupo de goberno de 100€. A proposta da Marea permitiría un
aforro neste apartado de 15.600€
* O cadro ten un valor aproximativo, xa que descoñemos o número de comisións que se celebrarán por pleno e que concelleiro/as do grupo de goberno van formar parte das comsións. A aproximación esta feita rondando as 5 comisións mensuais.
En definitiva a
Marea Cidadá de Noia propón un aforro anual de preto de 80.000€, se en cada
punto do exposto sae adiante unha asignación maior, a Marea é consecuente e
renunciará ao excedente que se aprobe polo Pleno.