Acta grupo de medioambiente

O Grupo de Medioambiente da Marea Cidadá de Noia acordou na xuntanza mantida na tarde do dia 07/08/2015 remitir as seguintes propostas ao grupo de goberno.
Praia de Testal: Falase da importancia dunar, non realiza ningún tipo de protección deste ecosistema, polo que consideramos que é preciso unha serie de medidas urxentes para a conservación deste espazo.

1- Eliminar a papeleira que se encontra na duna de Testal, por un sistema de pivote no medio da praia, para que os usuarios non teñan que pisar as dunas para tirar o lixo.
2-   Sinalización do aparcamento, na parte de Taramancos, o obxectivo é que non aparquen os vehículos encima do espazo dunar e tamén sería bo para unha mellora na organización do tráfico nesta zona de gran afluencia no verán.
3-    Pasarela accesible para todo tipo de persoas, para que non obrigue aos usuarios a pisar as dunas para acceder a praia.
4-  Colocación dun cartel informativo sobre as especies tanto vexetais como animais que habitan en Testal, así como unha explicación da importancia que ten A Misela como espazo produtivo do marisqueo, que axude a concienciar sobre a necesidade de non verter ningún tipo de sólido a praia.
Fóra da importancia da duna, dende o grupo tamén se propón a necesidade de coordinar coa Cofradía de Noia a extracción de algas, xa que en ocasión queda depositada indebidamente en algunha zona da praia. Sería bo que houbese unha coordinación para mellorar a limpeza das algas.
Outro dos temas que se comentan en varios é a necesidade de erradicar os Puntos Sucios que existen tanto no centro da vila como nos exteriores. Algún estase a converter en verdadeiros vertedoiros. Hai constancia de que se está levando a cabo  xa esta medida, pero tamén consideran que debe haber unha política de vixianza e control sobre estes puntos. 

Por útlimo solicitase a retirada de rizóns na Praia de Boa Grande.