Xurxo Louro " por un Concello transparente, participativo pero sobre todo con traballo"

Son Xurxo Louro, veciño de Barro dende hai 47 anos, levo traballando preto de 25 anos no sector da alimentación. Decidín participar na Marea porque creo que podemos mudar as condición de traballo que estamos a sufrir actualmente froito da crise, e tamén para rematar cos privilexios da caste política que tamén é palpable en Noia.


Creo que entre todos e todas nós temos unha oportunidade de luxo para facer de Noia unha vila transparente, participativa e sobre todo con traballo. Porque creo na miña vila e na miña xente decidín dar o paso e apoiar este movemento de base cidadá.