Xosé Manuel Beiras apoiu a candidatura da Marea Cidadá

Nun acto cun Coliseo Noela ateigado de xente pesentouse a candidatura da Marea Cidadá de Noia na que  interviron Santi Avilés, Roberto Iglesias, Silvia Iglesias, Noelia Estévez e Manolo Seijas, Xosé Manuel Beiras foi o encargado de pechar o acto.

Santi Avilés foi o primeiro en intervir, encargouse de explicar a necesidade de que a xente do común se implique en política para romper co actual sistema  que considerou “ está apodrecido”
Roberto Iglesias explicou que é e que quere ser a Marea Cidadá de Noia, centrándose na necesidade de devolverlle a política as persoas.
Silvia Iglesias intervir para incidir en que “ son mariscadora e quero vivir do mar non só seis meses, senon todo o ano” temos que “optimizar a Ría para crear emprego digno”
Noelia Estévez comentou a necesidade que hai na vila de traballo digno e que  a xeración máis preparada da historia deste país está farta de traballo precario, por iso é necesario de que a xente que estamos nesta situación se organice para solucionar os problemas dos nosos veciños e veciñas que se encontran nesa situación. Tamén asegorou que a Marea aposta pola transparencia é unha das medidas é que “ as actas de concelleiro non pertencen a ningún partido senón que pertencen a vila de Noia”
Manolo Seijas propuxo “apostar polos nosos sectores productivos para promocionar o emprego. Incidiu na necesidade de axudarlle a Ría para recuperar espazos productivos e crear un gran pacto para sanear os ríos que verten ao mar para ter novas oportunidades para comercializar o noso marisco. Outro dos sectores é o aproveitamento dos noso casco histórico, das nosas laudas, as nosas praias, o noso museo do mar atraves dun departamento de turismo”
O último en intervir foi Xosé Manuel Beiras, quen expicou o motivo polo que apoiaba as candidaturas cidadás como a Marea de Noia “ eu vou alí onde hai xente que aposta por activarse no deserto. Setenta candidaturas de unidade popular en menos de dous meses. É o comenzo para romper”