Ramón Carredano súmase a Marea que percorre Noia


Son Ramón Carredano Silva, teño 36 anos e son mestre de Educación Primaria. Hai doce anos que gozo desta profesión que me permite ler o mundo dende os ollos dos meus alumnos e alumnas. Debido ao necesario compromiso coas xeracións presentes e futuras, a Educación é o meu contexto e pretexto para denunciar os deturpados modos do exercicio democrático e o insuficiente alento político para mudar a situación actual de crise sistémica ( política, institucional, xudicial, democrática, de valores...), así como para reclamar unha maior e mellor calidade na xestión dos nosos recursos.
Con vontade de cambio, mergúllome na marea cidadá en defensa da participación social nos asuntos que nos incumben, na procura de novos horizontes nos que construir xuntos o noso futuro, convencido de que a participación agroma no local, no pobo onde están as nosas raíces,