BEIRAS
ASISTIRÁ AO ACTO DE PRESENTACIÓN DA MAREA CIDADÁ DE NOIA
O
vindeiro Martes 5 de Maio ás 20:30 horas no Coliseo Noela, terá lugar a
presentación da candidatura da Marea Cidadá de Noia que contará co apoio de
Xosé Manuel Beiras, quén pechará o acto.
Neste acto participarán
os membros da candidatura Silvia Iglesias, Roberto Iglesias, Noelia Estévez e
Manolo Seijas pra explicar o proxecto que se está a construir.
A Marea Cidadá de Noia
quere demostrar que é unha candidatura onde todas as persoas que a integran son
importantes, e ademais é a única alternativa aos partidos tradicionais que levan gobernando Noia toda a vida
antepoñendo os seus intereses particulares aos da cidadanía. Para iso, fará
público algunhas liñas básicas do seu programa como son, principalmente, levar
ao concello de Noia a transparencia nas contas públicas e xestións e
contratacións tanto de persoal como de obras. A participación cidadá nos temas
de especial relevancia da vila. O saneamento integral da ría de Noia e a
recuperación dos bancos marisqueiros, e a posta en valor e aproveitamento do
potencial turístico do patrimonio histórico e cultural, co que temos a sorte de
contar.
Contaremos co apoio de
Xosé Manuel Beiras, quen ademais de ser
unha figura histórica da esquerda galega é unha das mentes máis lúcidas que
temos na política actual, representa perfectamente ese espíritu de loita, co
cal se identifica a Marea, por mudar as cousas dende a integridade e sempre ao lado
dos máis desfavorecidos, por riba de intereses persoais ou partidistas.
A Marea de Noia non é un
movemento illado e localista, forma parte das mareas de cambio que a cidadanía
está a poñer en marcha no conxunto de Galicia e o estado, como son a Marea
Atántica, Compostela Aberta , Ahora Madrid ou Barcelona en Comú, entre moitas outras.
Queremos convidar á veciñanza de Noia a que veñan ao Coliseo a esta presentación da candidatura da
Marea Cidadá de Noia e a que sigan a
participar nas redes sociais e na web www.mareadenoia.com, somos
coñecedores do gran interese que este movemento aberto e horizontal está a
despertar na vila e mostra disto é a participación que estamos a ter nas
distintas consultas realizadas,
primarias e aportacións ao programa electoral.