Chelo ocupa o posto Nº14 |
Son Chelo, son de Noia e traballo nesta vila como
dependenta. Nos últimos anos, puiden ver
o deterioro da vila, tanto dos nosos espazos naturais e turísticos, como
do emprego e mesmo podo palpar como a calidade de vida das noiesas e dos
noieses camiña á desaparición.
Súmome á Marea porque creo na necesidade da recuperación da
vila de Noia. Implicarémonos na procura de servizos e infraestruestructuras que
permitan que a vida en Noia sexa máis confortable e cómoda. Para todo iso
contamos co noso esforzo e entusiamo e coa vosa implicación e colaboración.