Silvia Iglesias embárcase na Marea

Son Silvia Iglesias Agra, teño 34 anos e vivo no Campo de Noia. Levo traballando preto de 15 anos, son mariscadora parte do ano, e o resto de meses, traballo no que sae, actualmente de dependenta. Estudei dous ciclos, un en administración e outro en comercio.
Silvia Iglesias ocupa o posto número 8 da Marea

Na actualidade, estannos facendo atravesar unha situación laboral insostible, con escaseza de demanda de emprego e o pouco que atopamos en condicións precarias, obrigando a xente nova a marchar da terra. A min todo isto quitame o sono, por eso considero que chegou o momento de loitar pola nosa vila e polo noso futuro.


Decidín embarcarme no proxecto da Marea Cidadá de Noia, porque creo firmemente en el, porque é o momento de que a xente de a pé sexa escoitada a hora de tomar as decisións importantes. Quero traballar para que a xente da miña xeración poida sementar un futuro digno na vila!