![]() |
| Noelia ocupa o 2º posto na lista da Marea |
Son Noelia Estévez García, teño 29 anos e son de San
Lázaro. Son licenciada en Ciencias
Políticas e da Administración e mestrada en Xestión e Dirección Sociolaboral.
Mentres me formaba compaxinaba os meus estudos con empregos temporais:
enquisadora, azafaifa en eventos, monitora infantil, camareira,… e no que fora
xurdindo. Cando rematei, entrei no mercado laboral en plena crise, polo que o
meu currículum foi aumentando na mesma liña, traballando en períodos
estacionais na hostelería.
O ano pasado, desexando poder vivir e deixar de
sobrevivir, pensei que tiña que ser o meu momento. A miña pretensión era atopar
un emprego menos precario e cunhas condicións máis dignas, pero pasou o ano e
nada me chegou. As ofertas laborais non aparecían e se cabe, as que xurdían,
eran máis precarias. O meu momento non chegaba.
Despois dun ano difícil
decidín unirme á marea porque sí que é o momento. É a hora de poñerse en
pé e mollarse. É a hora de qua miña
xeración teña oportunidades dignas. É a hora dun novo tempo no que a
participación cidadá sexa o eixo do político baseado nas demandas reais das
persoas. É a hora da marea
