Hola, son Coke Ordoñez, veciño de Barro de 33 anos. Son Técnico Superior en
Edificación, delineante e camareiro circunstancial. A Marea Cidadá, fíxome
recuperar a fe perdida na política que representan os antigos partidos, e xa
dende o comezo, este xeito de entender a política como unha maneira de devolverlla
ao pobo, seduciume por completo.
Vexo a
Marea como o único instrumento capaz de crear as sinerxías necesarias para dar
o pulo que Noia precisa e merece, porque soño cun pobo que nos invite a ficar e
non a liscar, un pobo q medre e nos medremos con el e asi acadar as metas tanto
como unha comunidade coma individuos que somos e todos xuntos da man, acadarémolo.