Quen é Amal Azzaoui?

Amal é a suplente número 1 da candidatura da Marea
Son Amal Azzaoui, teño 40  anos e vivo en Noia. Comecei estudos universitarios de Lingua e Literatura Francesas no meu país de orixe (Marrocos), pero na actualidade atópome rematando a E S O debido ás trabas burocráticas e aos elevados custes económicos que conlevan as homologacións.

Realicei diferentes tipos de traballo: recepcionista, almacenista, camareira de restaurante, intérprete de lingua francesa e árabe... Actualmente estou no paro, posto que a carencia de gardería municipal en Noia impediume en varias ocasións saír da casa a traballar por non poder conciliar a vida laboral coa familiar.

Decidín sumarme na Marea Cidadá de Noia porque é o único lugar onde se lle concede á cidadanía é a protagonista a hora de elaborar as propostas, e tamén porqué me acompañan  na candidatura xente honrada, que loita pola transparencia e uns servizos públicos de calidade. Súmome a Marea de Noia, porque non quero que existan discriminacións  entre as persoas.