Son Roberto Iglesias Romero, veciño de Noia, teño 32 anos e traballo nunha
empresa do sector eléctrico tendo a sorte de poder facelo na vila onde nacín e
me criei despois de estar algún tempo traballando por fóra. Estando especialmente sensibilizado como pai
de dous nenos e estando agardando por outro, síntome comprometido ca Marea por
ser un movemento aberto onde por riba de todo están as persoas e os seus
dereitos básicos.
![]() |
Roberto ocupa o posto nº 15 da candidatura |
Nun tempo excepcional como o actual e tendo familiares e
amigos no paro e sendo consciente do mal que o está a pasar moita xente, vexo a
necesidade de reivindicar os valores tradicionais da esquerda contra os grandes
partidos que só queren perpetuar os seus tecidos clientelares e preservar o seu
poder por riba das persoas. Non quero que os meus fillos vivan nunha sociedade
que permite desafiuzamentos, que a xente morra sen dereito a sanidade ou a
determinados medicamentos porque non e´ "rentable", onde para algúns
estudar converteuse nunha utopía a pesar de ter traballo, etc. O cambio ten que
comezar nas vilas, dende abaixo, conseguindo que os concellos axuden aos
veciños e lle fagan a vida máis doada.
Estou farto de escoitar promesas incumpridas, de ver verquidos
na ría, ver como se destrúe o noso importante patrimonio como o castro de
Taramancos ou non poñéndoo en valor como as laudas gremiais, ver que os nenos
case non teñen sitios en condicións onde xogar tendo envexa por algúns
concellos de arredor, etc. Polo amor que
sinto por Noia, penso que é o momento de participar na primeira formación na
historia da nosa vila onde as decisións, propostas, a elección do candidato,
etc, se toman entre todas as persoas que queiran facelo co único interese de mellorar
as cousas, por todo isto son e síntome parte da Marea Cidadá de Noia.