María Martínez " quero loitar para que o meu fillo non teña que emigrar como fixeron os seus avós"

Chámome Maria Martínez teño 38 anos vivo en Noia dende hai case 6 anos. Traballei nunha conserveira e agora desde hai uns anos son autónoma na nosa empresa familiar, unha embarcación adicada á pesca de artes menores, eu encárgome do transporte e venda de peixe .
María ocupa o posto número 10 da Marea

Uninme a Marea porque aínda que nunca me gustou moito isto da política (pois os gobernantes que temos no poder fan que perdas a fé en todo e en todos, facéndonos pensar que todos son iguais) desta vez foi distinto ,vin neste equipo  xente de confianza ,xente de a pé coma min e coma vós, xente con ganas de darlle un futuro a esta vila.

A Marea aposta por unha maneira distinta de facer política limpa ,transparente, cun equipo no cal me sinto moi a gusto e onde ninguén é máis que ninguén,calquera opinión é valida dende a do candidato at a do último da lista e iso gustoume dende o principio. Outra das cousas polas que me sumo ao proxecto é porque quero que o meu fillo teña a posibilidade de ter un futuro digno en Noia sen ter que se ver obrigado a emigrar como fixeron os seus avós.