![]() |
Maquieira ocupa o 3º posto na candidatura da Marea de Noia |
Son Carlos Maquieira. Desde hai máis de
vinte anos ensino grego no IES Virxe do Mar e nos últimos catro -consecuencia
dos funestos recortes na educación pública- traballo tamén no IES Campo de San
Alberto. En calquera caso, considérome un afortunado por exercer unha profesión
que sinto como absolutamente vocacional.
Procedo da diáspora. Meus pais formaron parte da emigración a Madrid nos
sesenta. Crieime alí e alí completei a miña formación académica. Pero decidín
regresar ao país ao que pertenzo. Agora, case trinta anos máis tarde, meu fillo
máis vello empezará a labrarse o futuro en Holanda nos próximos meses. O eterno
retorno.