Son Marisé López Pérez, noiesa de nacemento e de corazón.
Dende hai 20 anos exerzo como médica de familia en
distintos puntos de Galicia e actualmente traballo no PAC de Santiago de
Compostela,traballo que me permite sufrir como profesional e como paciente
as consecuencias dos recortes e a paulatina privatización da sanidade pública.
Foron estes e outros os motivos que me empurraron a “
mollarme” en política e aportar o meu
grao de área nun proxecto para gañar Noia e que a sitúe nese lugar de referencia que
sempre foi como capital comarcal, coa conseguinte mellora na vida de todos o
veciños e veciñas
Fágoo dende a Marea porque nela atopei xente disposta a escoitar, a non preguntar de
onde vés, a dar o seu tempo para e polos
demais, a renunciar a privilexios , a compartir un soño…