Os grupos de traballo
presentarán ante a Asemblea Cidadá as dezanove medidas clave para que sexan
sometidas a debate polo órgano máximo de decisión da Marea Cidadá e se tomen
como punto de referencia para que o equipo redactor do programa electoral inicie o seu labor.
A
xuntanza será o martes 28 de abril ás 21:00 no edificio administrativo do
Espirito Santo e pode participar calquera veciño ou veciña de Noia.
Tamén se
terán en conta os aportes recollidos no Banco de Propostas da web da Marea.
