
Dende a miña
experiencia no mundo do mar, aposto firmemente pola nosa ría como futuro da
nosa vila. Podemos recuperar espazos produtivos tal e como se está facendo
noutros puntos do planeta.
Vendo que os partidos
políticos que están no noso concello non queren chegar a acordos neste tema tan
importante, aposto pola Marea como garantía do interese xeral e do ben común.
Quero que os meus
fillos e os meus netos poidan ter acceso ao traballo e vivir no pobo!