A Marea Cidadá de
Noia solicítalles ás demáis formacións
que concorren a estas próximas eleccións do 24 de Maio, un debate público para
mostrarlle á cidadanía cales son as súas propostas e dar a coñecer os proxectos
que teñen para o futuro da vila.
A cidadanía debe
coñecer de primeira man en voz dos
candidatos as propostas e solucións das distintas formacións, para tomar a súa decisión tendo unha
información real, non en base a uns programas incumpridos reiteradamente cada 4
anos e que teñen pouco valor para o electorado.
Dende a Marea Cidadá
propoñemos a celebración dun debate público no Coliseo Noela onde ademais de
debatir os candidatos sobre os puntos
máis importantes sobre: A ría, emprego, cultura , deportes, etc. os cidadáns
poidan participar formulando algunhas preguntas para ser contestadas e
debatidas polos distintos grupos.
Nunha época onde
cada día a cidadanía demanda unha maior calidade democrática, dende a Marea non
vemos mellor solución que mostrarlle directamente aos cidadáns na voz dos candidatos
ás vindeiras eleccións, o seu proxecto para este mandato municipal para que podan
tomar unha decisión coñecendo as intencións de cada grupo, xa que para nós o
verdadeiramente importante é levar a política á rúa, conseguir unha maior
transparencia das formacións políticas e aumentar a participación da cidadanía
nas cuestións que lles afecta directamente.