Este venres ás 21:00 no Salón de
Plenos do Concello elixírase a candidatura da Marea Cidadá de Noia nunha
asemblea aberta, na que pode participar calquera veciño ou veciña, tanto
presentándose como candidato como participando na votación.
Durante o proceso presentárase unha
proposta de lista que pode ser emendada por calquera dos participantes da
asemblea, a emenda pode ser total ou parcial e someterase a votación a man
alzada.
A Marea culmina así o proceso máis
democrático de elección de candidatura da historia da democracia de Noia, xa
que elixiu ao seu candidato a alcaldía, Manolo Seijas nun proceso de primarias
abertas a participación, e o resto da candidatura será elixido nunha asemblea
aberta.
