A Marea Cidadá de Noia presenta unha candidatura para abrir as fiestras do Concello e que entre aire fresco

Esta mañá a Marea Cidadá de Noia presentou no Claustro do Concello de Noia a candidatura que presentará as vindeiras eleccións do 24 maio. O candidato Manolo Seijas destacou que se trata dunha candidatura que “pretende abrir as fiestras deste edificio para que entre aire fresco”

Unha lista que “pretende representar ao conxunto de veciños e veciñas de Noia que ve moi negro o seu futuro e o dos seus fillos e que están a sufrir os efectos desta estafa, mal chamada crise”

Ademais engadiu que” como dicía Avilés de Taramancos, hai que romper, romper ca casta instaurada no Concello de Noia encarnada nos grandes partidos tradicionais, e poner dunha vez por todas a política ao servizo das persoas”

Na presentación interviron as cinco primeiras persoas que encabezarán o proxecto;

Noelia Estevez asegurou que se suma a “Marea porqué está convencida que a política nace da xente do común, e temos que ser nós os suxeitos activos na toma de decisión”

Carlos Maquieira engadiu que “ participa na Marea Cidadá de Noia porqué creo na transparencia na xestión pública, unha xestión con paredes de vidro. “

Marisé López: “ móllome coa marea de Noia porque quero defender os servizos públicos”

Santi Avilés explicou que “ se suma a este proxecto porqué quere que a xente teña a oportunidade de traballar en Noia e acadar unha vida digna”

Participan na candidatura Inés Pérez, Miguel Mallán, Silvia Iglesias, Álvaro Ordóñez, María Martínez, Manolo Barreiro, Socorro Santos, Ramón Carredano, Marichelo Martínez , Roberto Iglesias, Lola Caramés, Antonio Barral, Amal Azzaoui e Xurxo Louro