Como membro da candidatura da Marea Cidadá de
Noia comprométome a cumprir o seguinte Código Ético:
1º- Os cargos electos da Marea Cidadá de
Noia comprometémonos a cumprir cos principios da Marea de : Participación, transparencia,
igualdade e defensa
do público para garantir os servizos básicos
aos cidadáns.
2º-
Representamos á Asemblea da Marea
Cidadá de Noia, e defenderemos os acordos acadados pola propia Asemblea por riba da nosa opinión individual.
3º- A totalidade das retribucións que se perciban como cargos electos
da Marea Cidadá faránse públicas e unha
parte servirán para sustentar ao propio partido, estando recollida esta información ,en todo momento,
na web da Marea.
4º- Os cargos electos, na búsqueda da
participación da cidadanía, comprometémonos a render
contas periódicamente, tanto presencialmente como de maneira virtual,
para explicar o noso traballo e para escoitar as ideas e propostas dos
cidadáns.
5º- Comprometémonos que no momento que
haxa unha decisión relevante que afecte de maneira
significativa a nivel urbanístico, social, laboral, ambiental ou que sexa
solicitada por al menos 10 asinantes do Manifesto, a impulsar unha asemblea na que se explique dicha medida e se recolla
a opinión dos asistentes.
6ª- Como cargos electos defenderemos o
idioma galego, a cultura e patrimonio local, de maneira especial dentro da nosa
labor como representantes dos veciños.
7º- No tocante a posibles pactos
electorais, comprometémonos a que sexa a
Asemblea quén teña que aprobar con anterioridade o posible pacto, e pactar soamente cos partidos políticos cos
que a Marea poda ter algúns principios en común.
8º- Cumpriremos o
programa electoral elaborado polos grupos de traballo e coas propostas
da cidadanía, podendo revogar a asemblea aos
cargos electos, no caso de imcumprimento non
xustificado do programa electoral.
9º- No caso de incumprir algún punto
deste código ético, e no caso de que a asemblea revogue a confianza como cargo
electo a causa do incumprimento, e unha vez escoitado a xustificación do
"infractor", comprométome a deixar a acta
de concelleiro xa que as ditas actas dos cargos electos da Marea Cidadá
de Noia pertencen aos cidadáns, sendo uns
simples intermediarios.
10º- Este código ético terá vixencia dun
mandato estando prohibida a súa alteración dentro deste periodo.