Na tarde de onte celebráronse as primeiras primarias abertas
a cidadanía da historia do Concello de
Noia, nas que podía participar calquera persoa empadroada en Noia maior de 16
anos
.
O polítólogo Manolo Seijas acadou 80 dos 83 votos emitidos
polo que quedou proclamado candidato da Marea Cidadá de Noia ás eleccións do 24
de maio.
Seijas insisitíu en que “ a elección de candidato é un
trámite que hai que levar a cabo, mais o importante é o grupo que temos que
construír, esa será a verdadeira forza da Marea”
A agrupación estase a organizar en torno aos grupos de
traballo sectoriais para a elaboración dun proxecto para Noia, os grupos
estanse organizando conbinando reunións presenciais e a través da rede.
Seijas tamén convidou a utilizar o banco de propostas na
web, na que calquera veciño ou veciña pode facer propostas que será debatida nos grupos de
traballo.
O resto dos postos da lista serán elixidos nun proceso
asembleario aberto e participativo.