A Marea Cidadá de Noia dá un paso máis de cara á participación dos noieses.
A Marea Cidadá de Noia dá un paso
máis de cara a súa proposta participativa, cun novo proceso de transparencia e participación no cal todo
aquel veciño e veciña de Noia pode levar a cabo as súas propostas co obxetivo
de facer de Noia unha vila mais participativa e aberta a nivel político.
Por iso, a Marea Cidadá de Noia
establecerá a partir de agora o chamado “banco
de propostas”, un apartado na web (www.mareadenoia.com) que ten por obxetivo que todo aquel que o considere necesario, poida
facer algunha proposta que beneficie ao conxunto de veciños e veciñas da vila
de Noia.
Por suposto, o banco de propostas
estará aberto a todos aqueles que queiran participar, e as propostas serán
valoradas sen ningún tipo de condicionamento pola asemblea, co fin de analizar
se son realizables e se benefician ao conxunto da vila.
Con esta iniciativa a Marea
Cidadá de Noia demostra que non se trata dun partido convencional no cal as
iniciativas son propostas por un grupo reducido de persoas, senón que se trata
dun proxecto aberto no cal se ten en consideración a todos e cada un dos noieses,
os cales poden contribuír ao benestar dos veciños mais aló de intereses
partidistas.