A Marea Cidadá de Noia xa tivo encontros con diferentes
axentes sociais da localidade. A primeira en recibir a Marea foi a asistencia
técnica da Confradía de Noia quen comentou os diferentes problemas que ten o
medio mariño no referente a contaminación das augas.
Os membros do Grupo da Ría da Marea Cidadá puideron coñecer
de primeira man a pronunciada elevación dos contaminantes sólidos e biolóxicos,
produto da contaminación humana.
O grupo da Ría está a traballar nestes momentos na
elaboración dunha serie de propostas para que non se sigan vertendo ao mar este
tipo de contaminantes tendo en conta as propostas que facía a bióloga.
Por outra banda unha delegación formada por Manolo Seijas e
Roberto Iglesias do grupo de ecoloxía,
medioambiente e defensa dos animais reuniuse coa Protectora de Animais Arca
quen trasladou o traballo que están a realizar no ámbito da recollida de
animais abandonadas na rúa.
Dende a protectora comentaron a importanza da concienciación
dos nenos e nenas de cara o coidado dun animal, xa que na actualidade os datos
de abandono son cada vez máis elevados.
Dende a asociación
tamén fixeron unha serie de propostas para a mellora dos servizos da protectora
que serán avaliados polos membros do grupo de ecoloxía, medioambiente e e
defensa dos animais.
Mañá xoves ás 21:30 no Edificio Administrativo do Antigo
Matadoiro o grupo de traballo de deportes escoitará as demandas dos distintos
clubes deportivos e entre todos buscarán as solución a esas demandas.
Tamén esta previsto que ao longo da fin de semana o grupo de Participación Cidadá se reúna nos distintos locais sociais das parroquias para escoitar aos veciños e veciñas que se acheguen,
