UN CONCELLO QUE APOSTE POLOS SERVIZOS SOCIAIS PARA GARANTIR UNHA VIDA DIGNA.
Ao longo destes catro anos un gran número de veciños e veciñas viron
como a súa situación económica foi empeorando. A destrucción máxiva de emprego,
fixo que moitas persoas quedasen sen un posto de traballo co que substentar a
súa familia.
Fomentaremos políticas de solidariedade con aquelas persoas que
teñen máis difícil cubrir as súas necesidades básicas de luz, auga e alimento.
Neste sentido creemos indispensable a promoción de políticas que melloren a
conciliación familiar.
UN CONCELLO NO QUE DECIDAMOS TOD@S
Unha democracia participativa, as noiesas e noieses non só deciden
cada catro anos, teñen e deben decidir sobre TOD@S os aspectos que lle afecten
no día a día. Cremos que é o momento de apostar por mecanismos de participación
cidadá, na que a veciñanza e os axentes sociais tomen a palabra e sexan coparticipes
na toma de decisións municipal através
dun novo Regulamento de Participación.
UN CONCENLLO TRANSPARENTE EN PÉ DE IGUALDADE
Un concello transparente, onde a cidadanía conozan de primeira man
os pasos que se toman, sen oscurantismos. Onde os cidadáns sexán tratados en pé
de igualdade sen que existan división entre eles non é un soño! é un principio máis da Marea Cidadá de Noia.
AS CONTAS Á VISTA
En que gastan o noso diñeiro o Concello de Noia? Esta é unha
pregunta que nos facemos a maioria de nós. Dende a Marea cremos que hai que
xustificar cada euro que gastan ou invisten
as administración públicas.
Propoñemos a publicación periódica das contas públicas para que
calquer veciña ou veciño poida consultar en que se gasta o seu diñeiro.