Vivimos
nunha época de perda de dereitos, nunha crise económica e social aproveitada
polo poder, a través do bipartidismo, para blindar a súa posición privilexiada levando
a cabo recortes nos sectores públicos e libertades cidadás. Ante isto, só
podemos sumarnos á Marea que percorre Galicia, unha Marea democrática
coñecedora que isto só pode mudar dándolle
a palabra á cidadanía.
Conseguir
que o 99% que está a padecer esta crise tome as institucións mediante procesos
de confluencia,
procesos democráticos abertos no que as decisións se tomen en común,
sen personalismos de ningún tipo, para devolver a democracia á xente do común.
Con
vistas ás eleccións municipais de este ano, poñemos en marcha esta Marea que
pretende comezar un proceso aberto ca participación dos movimentos sociais, de
persoas que pretenden que as decisións se
tomen na rúa de forma transparente e igualitaria, e non en despachos
pechados.
Para
iso iremos sumando forzas por cada parroquia de Noia, coñecendo as realidades e
necesidades de cada lugar. Queremos poñer en
marcha un proceso constante de diálogo, onde non vale facer un
programa electoral cada catro anos para incumprilo completamente.
Queremos
recuperar as institucións, rescatar o sector público para poñelo ó servizo da
xente que o está a pasar mal. Preservar o idioma e cultura galega, conseguir
unha reactivación cultural poñendo en valor o gran patrimonio existente na nosa
vila e que se está a estragar pola ausencia de decisións adecuadas. Salvar
o valioso entorno natural, maltratado continuamente, mediante políticas
ecolóxicas e de recuperación medioambiental. Potenciar o comercio local, sector
básico da economía noiesa.
Para
levar a cabo estes propósitos precisamos de cada un de vós,
das persoas que estades cansas de ver como este sistema só é sustento dunha
clase interesada en preservar ós seus privilexios .
Chegou
o tempo das persoas, e para iso temos
que poñernos a traballar entre todos, con xenerosidade e ilusión.