Regulamento

REGULAMENTO DA ASEMBLEA CIDADÁ DE NOIA

1-    A elección do candidato será mediante primarias abertas a cidadanía onde calquer veciño ou veciña maior de 18 anos empadroado en Noia se pode presentar, e terá os seguintes prazos:
a.     Presentación da candidatura do 11 ao 15 de febreiro.
b.     Proclamación das candidaturas o 16 de febreiro
c.      Campaña das primarias do 17 ao 21 de febreiro
d.     Votación  e proclamación do candidato o día 22 de febreiro.
2-    A elección da candidatura será mediante proposta do candidato a asamblea na que os participantes poden emitir enmendas que serán sometidas a votación, será antes do 5 de abril.
3-    A votación será presencial e poderá participar calquer veciño ou veciña maior de 16 anos.
4-    O funcionamento da Marea Cidadá de Noia será mediante grupos de traballo,  calquera persoa poderá anotarse para formar parte deles.
5-    As actas das asembleas son públicas.
6-    A contabilidade é pública, estará exposta no blog.
7-    Calquera persoa poderá solicitar que unha decisión se tome mediante consulta aberta a cidadanía.
8-    O programa electoral será votado nunha asemblea aberta, a elaboración será a partir de achegas de movementos sociais e de cidadáns a título individual.
9-    O único organismo que pode tomar decisións é asamblea.
10- A Marea Cidadá de Noia constituírase como partido o día seguinte da Asemblea de Presentación.
11-   A financiación será mediante achegas voluntarias, que serán devoltas unha vez que o partido teña representación institucional.