A Marea Cidadá de Noia constitúese este sábado ás 19:00 no
antigo matadoiro do Espirito Santo nunha presentación pública á que invitan a
participar a todo o mundo, xa que a única alternativa a esta política de
recortes e de sufrimento é a unión da xente que está a padecer a crise.
A Marea Cidadá de Noia nace con catro principios fundamentais
que son ; garantir a vida digna das persoas mediante unha aposta constante
polos servizos sociais, un concello no
que as decisión se tomen en conxunto coa cidadanía, un concello transparente e un concello coas contas a vista no que cada
cidadán poida coñecer en que e onde se invirte o seu diñeiro.
A Marea Cidadá de Noia é un proceso aberto que nace co obxectivo
de presentarse as vindeiras eleccións de Maio coa vista posta en elaborar un
proxecto para Noia
Por outra banda a Marea elixirá ó seu cabeza de lista mediante
primarias abertas á cidadanía, onde se abrirá un prazo para que calquer veciña
ou veciño de Noia poida presentar a súa candidatura, co único compromiso de que
a persoa elixida represente a lista e o programa elaborado pola asemblea, ainda
que dende a Marea recalcan que “o importante é o equipo”
Destacan que a financiación será mediante aportacións
individuais e donacións que serán devoltas unha vez que o grupo alcance
representación no Concello. Calquera persoa poderá consultar os gastos e os
ingresos da Marea no seu blog.
Dende a Marea insisten en que é preciso canalizar as
propostas e o compromiso cidadá para recuperar os dereitos e o poder de
decisión das persoas, mediante a creación dun novo instrumento político, novo,
aberto e transparente. Que afronta este proceso con ilusión e con ganas de
darlle a Noia a oportunidade que se merece.