A violencia machista é a expresión máis
extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia
que sofren as mulleres polo feito mesmo de selo, unha desigualdade silenciada,
agochada e en moitos casos normalizada. Segundo os datos da última macroenquisa
de violencia contra as mulleres realizada no 2015 polo Ministerio de Sanidade,
Servizos Socias e Igualdade, un 13% das mulleres residentes en España de mais
de 16 anos declaran ter sufrido violencia física ou sexual nalgún momento da
súa vida por parte da parella ou exparella.
Dende 2003 ata maio do 2017, a Delegación de Goberno
rexistrou 53 asasinatos machistas en Galicia, e 780 en España.
Co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento
da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, a Marea Cidadá
de Noia presentou a solicitude de adhesión do Concello de Noia a que consideran a campaña “ con máis éxito na
visibilización desta lacra, con máis de 60 concellos e máis de 3.000
establecementos en toda Galicia”.
A acción consiste en tinguir de negro a vila a través dos
escaparates, os manequíns, a roupa de traballo; vestir loito en sinal de dor
por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura
das súas consecuencias: a morte.
Dende a Marea consideran que hai que traballar contra esta
lacra dende todas as adminisitracións, hai moito que facer e moitas mans que
unir para evitar que unha muller sufra un minuto máis polo mero feito de selo.
Aproveitan para facer un chamamento a unidade da coorporación
municipal neste tipo de iniciativas, xa que non se pode mostrar unha división entre
as forzas políticas.