A Marea de Noia propón unha modificación das tarifas da Piscina Municipal

Na comisión de economía celebrada esta mañá o concelleiro Manolo Seijas, presentou dúas propostas para a modificación da ordenanza que regula as taxas da piscina municipal:
A primeira delas contemplan a ampliación do abono xoven, que pasaría dos 25 anos aos 30. Neste caso o voceiro defende que esta ampliación esta normalizada pola Unión Europea quen define o período de idade moza entre os 12 ata os 30 anos. Aseguran dende a Marea que “ hai máis dun 50% de paro entre mozos de 16 a 50 anos, sen contar os estudantes” polo que é prezo levar a cabo medidas sociais.
A segunda delas contempla a creación do abono desempregado, neste , caso entenden “ as dificultades da lei da facenda local” xa que non permite que se leven a cabo estes abonos, pero entenden que as persoas sen emprego ou en precario deberían ter a opción de gozar da Piscina Municipal. Polo que valorarán facer unha proposta na que se teña en conta a renda.

O goberno comprometeuse a realizar un estudo destas propostas, o cal “ agradecemos dende a Marea”. Somos conscientes de que con estas medidas se pode baixar a recadación, pero estiman que tanto xente moza como desempregados se inscribirían na piscina municipal polo que a recadación se equipararía.