Manolo Seijas " non se poden perder máis inversións para o saneamento de Noia"

A Marea Cidadá de Noia presentará unha moción para acordar o opoio de todos os grupos ao Proxecto básico de actuación na Ría de Noia
O xoves 17 de decembro tivo lugar unha reunión entre Portos de Galicia e os voceiros de cada grupo da corporación local noiesa. Portos explicoulles o traballo realizado nos últimos anos e o proxecto definitivo rematado de redactar en marzo de 2015. Este proxecto incluiría a dragaxe da canle aproveitando o mellor material retirado para conseguir unha praia artificial e o adiantamento do Malecón. Finalmente, o Presidente da entidade, solicitou aos presentes, para a realización e execución do proxecto, o consenso de todas as forzas que conforman a coorporación.

A Marea de Noia, logo de realizar unha análise dentro do grupo de traballo da ría, solicitará no vindeiro pleno ordinario, unha moción co obxetivo de acadar un consenso na recuperación do mar de Noia, tal como esixe Portos de Galicia para que se leve a cabo a execución deste proxecto básico de actuación na Ría de Noia.
Manolo Seijas, voceiro de Marea Cidadá, sinala que “Estamos a falar dun proxecto histórico, cunha complexidade administrativa moi alta polo que é un proceso longo. Temos que poñernos a traballar conxuntamente todos os grupos e sen demora para non perder a oportunidade de comezar coa recuperación da nosa Ría e abrir dunha vez as portas de Noia ao mar.” Seijas apelou a responsabilidade do resto dos partidos da cooperación municipal argumento que “levamos anos falando do saneamento da ría, este é un momento histórico e temos que aproveitar esta primeira fase”

A moción que presentará a Marea tamén incluirá a creación da Comisión do Mar, como un espazo de interlocución co conxunto das organizacións con representación municipal e coas distintas entidades sociais involucradas, para traballar conxuntamente neste proxecto e en todas as cuestións relevantes que afecten á Ría de Noia.