A política
de contratación por parte do Concello de Noia non pode constituir
exclusivamente un medio de obtención de prestacións, obras ou servizos nas
condicións económicamente máis ventaxosas para a administración, senón tamén
unha ferramenta xurídica ao servizo dos poderes públicos para o cumprimento
efectivo dos seus fins e políticas sociais.
A
vicevoceira da Marea Cidadá, Noelia Estévez García, sinala que “a contratación
pública do Concello non pode basearse na perpetuación da discriminación
das mulleres no ámbito laboral, prácticas medioambientais insostibles ou a
aplicación dos aspectos máis regresivos e lesivos da lexislación laboral. Débese velar polo mantemento das condicións
laborais dos traballadores
relacionados e avanzar na inclusión de criterios sociais na contratación
pública municipal que teñan en conta cuestións coma o traballo digno, o cumprimiento
dos dereitos sociales e laborais, a inclusión social e a igualdade de
oportunidades á hora de contratar a empresas. Trátase de incorporar criterios
sociales, éticos e medioambientais na contratación pública”.
A contratación pública debe cumplir cuns estándares sobre condicións
laborais dignas, salarios mínimos e dereitos dos traballadores. Debe incorporar
criterios medioambientais nos contratos de suministro, obras e servizos como a
eficiencia enerxética, o uso de productos reutilizables ou o emprego de
enerxías renovables e debe incluir criterios sociais de
calidade de emprego, perspectiva de xénero e inserción social.
A Marea Cidadá solicita que a
valoración das ofertas non atenda única e exclusivamente á oferta económica
máis ventaxosa senón que se valore a mellor oferta no seu conxunto
introducindo, sempre que o permita a súa natureza e obxecto, cláusulas que
teñan en conta criterios sociais, ambientais e éticos.
Entre
outras cláusulas solicitan que se
valore á adxudicataria polo cumprimento das condicións laborais legais
ou convencionalmente pactadas de referencia, o cumprimento da Lei orgánica
3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes e da Lei
11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da
violencia de xénero e pola aplicación de
medidas de xestión ambiental.