O Pleno ordinario do 6 de Agosto deste xoves tivo unha duración de case
catro horas, entre outras cousas, propiadas polo debate constante entre o PP e
o PSOE, que en moitas ocasión non tiñan que ver coa orde do día do pleno. Este son os primeiros puntos que se debateron
no pleno.
A Adhesión ao Convenio Marco entre a Administración Xeral do Estado e a
Xunta de Galicia para a implantación dunha rede de oficinas integradas de
atención ao cidadá no ámbito territorial de Galicia. Foi aprobada por
unanimidade e sen ningunha incidencia.A Marea votou a favor por entender que dá
facilidades ao cidadán a hora de acudir a administración pública,
A Moción do goberno local de petición á Xunta de Galicia da construción dun
pavillón polideportivo no colexio “Felipe de Castro” tivo o voto positivo de
todos os grupos municipais. O acordo constaba de dous puntos:
1- Dirixirse á Xunta de Galicia para solicitarlle a construción
do polideportivo do colexi “Felipe de Castro” demandado de forma unánime por
toda a comunidade educativa e polos grupos políticos da corporación.”
2- Solicitar unha entrevista co conselleiro de Educación
para acordar un calendario de traballo conxunto para a realización das melloras
necesarias no colexio “Felipe de Castro” de cara a dignificar as instalación do
centro educativo”
Manolo Seijas replicou neste punto
a importancia do segundo apartado da moción. Asegurou que o pabellón é unha necesidade que hai que
cubrir nun medio-longo prazo, pero o que hai que solucionar é o estado
insalubre no que se encontran boa parte das instalación do Colexio Público.