A elección de representantes da
Corporación na Asamblea da Mancomunidade da Serra do Barbanza e a elección de
representantes da Corporación no patronato da Fundación Romero Blanco-Monroy
Francisco foron aprobadas coa abstención da Marea, e a segunda tamén coa do
PP. A Asamblea da Mancomunidade da Serra
do Barbanza quedará representada por : Alcalde, un membro do PP, un membro da
Marea cidadá de Noia e a concelleira do BNG. Os membros no patronato da
Fundación Romero Blanco-Monroy Francisco serán: o Alcalde, un membro do PP, un
membro da Marea Cidadá de Noia e un membro do grupo NOIA.
O regulamento de ambas
Corporacións establece que os membros da mesma serán o Alcalde e tres representantes dos partidos políticos. Todos os grupos
sinalaron a intención de apoiar a modificación da regulación e que poidan
entrar os cinco partidos que compoñen a corporación municipal. Cabe destacar
que a xustificación da cesión do PSOE do seu asento ao BNG e non ao NOIA na
mancomunidade ven dada, según indicou o portavoz socialista, porque todo o
grupo de goberno (PSOE e NOIA) se sinten representados polo Alcalde, pero na
Blanco-Monroy ceden o posto ao NOIA non cumplindo coa mesma premisa sendo
incoherente esa cesión.
Dende a Marea, por sentido común, propuxose que as tres forzas representadas fosen as que maior número de votos obtiveran nas eleccións municipais do 24 de maio.
A moción presentada polo grupo
municipal do BNG foi apoioada por todos os membros, logo de enmendar un dos puntos da mesma. e engadir un terceiro punto A moción pedía que se seguirá na liña de da programación
festiva dos últimos anos, incluíndo na programación actuacións de estilos
diversos e dando certo protagonismo a bandas galegas e da localidade e
solicitaba que o Concello non establecera ningunha relación contractual
con representantes artísticos intermediarios investigados por irregularidade
tributaria. Manolo Seijas, sinalou a imposibilidade de cumplir este segundo
precepto pola ilegalidade do mesmo, e propuxo a convocatoria da Comisión de
Economía e Facenda para a revisión das propostas de gasto e facturación de
todos os puntos da programación da Festa de San Bartolomeu. Este punto foi aprobado, polo que o grupo de goberno ten a obriga de convocar esta comisión, na que se dea conta do gasto que se leven a cabo.