A
Marea de Noia mantivo un encontro co deputado de AGE, Antón Sánchez, onde se lle trasladou numerosas demandas
do colectivo co obxectivos de que se debatan e se traten no Parlamento Galego.
Entre elas destacan a necesidade
de que o proxecto do Porto de Noia, do que se falou durante a campaña electoral
e que dende a Marea teñen coñecemento de que se encontra nas mans de Portos de Galicia non quede no esquecemento
logo das eleccións municipais.
Solicitarán copia desa iniciativa
que parte do ente autonómico para que sexa incluída nos orzamentos da Xunta para
o ano 2016 e se execute durante o vindeiro ano, tal como prometeu o Partido
Popular durante a campaña electoral.
O deputado Antón Sánchez, comprometeuse
a solicitar esta documentación e
engadiu que sería bo solicitar a comparecencia dos técnicos de Portos de
Galicia nunha comisión parlamentaria para que este proxecto ,que a Marea de
Noia considera interesante, se incluía no orzamento da Xunta e se leve a cabo
no vindeiro ano.
Dende o grupo da Ría da Marea
consideran este proxecto de Portos de
Galicia como “ un primeiro paso para recuperar o porto de Noia e polo tanto
loitarán para que se materialice”.
Por outra banda, e facendo eco
das palabras do deputado do Partido Popular, Santiago Freire, tamén se
solicitará a Costas do Estado a execución do proxecto que está orzamentado en
1.200.000€ para este ano 2015 e que inclúe a rotonda da rúa do Ferrador e a
pasarela de madeira no Malecón Gasset.
En palabras de Manolo Seijas,
voceiro municipal ,“ non podemos consentir que se perda un só euro de
investimento debido a que o Partido
Popular non acadara o goberno en Noia”
Neste punto o deputado da
Alternativa Galega de Esquerda tamén se comprometeu a comprar a veracidade da
partida orzamentaria e a solicitar tamén como grupo parlamentario a execución
deste proxecto para Noia.
Antes de rematar o encontro deu
conta das xestións realizadas no Parlamento, logo da anterior xuntanza mantida
co voceiro da Marea Cidadá, na que se trasladou a necesidade de activar a rede
de saneamento da vila e iniciar
unha rede de saneamento polos concellos
que percorren o ríos Tambre e Traba para evitar a contaminación da Ría de Noia.
Dende a Marea insisten en que
“Gastaremos todos os nosos esforzos en que se leve a cabo o saneamento da Ría
de e de que Noia volva a ter o Porto que nunca perdeu”
Nesta xuntanza tamén se acordou
que se levarían a cabo novos contactos entre a Marea e AGE para tratar os temas
que afecten ao Concello de Noia.