O grupo de benestar da Marea
Cidadá vén de redactar unha proposta para continuar co programa de conciliación da vida familiar e laboral durante
o mes de agosto, un dos meses onde aumenta o índice de emprego na nosa vila.
Consideran que debido a este aumento é preciso darlle continuidade as
actividades de conciliación que se viñan desenvolvendo ao longo do mes de
xullo.
Propoñen levar a cabo o programa “Coñece Noia” onde os nenos e nenas
visitarían cada día un recuncho diferente da vila noiesa. O obxectivo é que coñezan a historia e os
lugares de máis encanto de Noia ( Cova da Moura, Aldea de Xei, Castelo de Nimo,
Casco Histórico, as Praias, Laudas Gremiais, Lonxa de Testal, Praza de
Abastos). Compaxinando estas visitas con diferentes xogos interactivos onde
poidan poñer en práctica os coñecementos adquiridos
Según a portavoz do grupo de benestar da Marea Cidadá,
Marisé López, sería un complemento aos
obradoiros que se levaron a cabo durante o mes de xullo. Con este programa os
país poderían deixar os nenos e nenas pola mañá tamén no mes de agosto