RESOLUCIÓN DA ASEMBLEA DA MAREA
CIDADÁ DE NOIA CELEBRADA O MARTES 9 DE XUÑO CON Á NEGOCIACIÓN CO PsdeG-PSOE
PARA A INVESTIDURA COMO ALCALDE DE MIGUEL PAZ
Unha vez discutido o documento froito da reunión
mantida pola comisión negociadora co PSdeG-PSOE o pasado sábado día 6 de xuño,
a asamblea da Marea Cidadá de Noia resolve que aínda quedan algúns puntos que
están pendentes de acordo, ben por falta de concreción ou ben por desacordo
coas propostas realizadas polo PSdeG-PSOE en resposta ao decálogo de condicións
que plantexou a Marea.
Estes son os asuntos que deben seguir sendo
discutidos pola comisión negociadora:
1.
O 20% do gasto en investimento anual será destinado
á ría, tanto para o marisqueo como para a recuperación do mar de Noia e do
seu porto. Crearase a Comisión do Mar como un espazo de
interlocución co conxunto das organizacións políticas con representación
municipal e coas entidades sociais.
2.
As
adxudicacións maiores de 15.000€
pasarán, desde o primeiro minuto deste mandato, por unha mesa de contratación, salvo previa xustificación de urxencia
nunha comisión. Todas as
contratacións municipais serán publicitadas, incluíndo aquelas que polo seu
importe se consideran obras menores. Será accesible a información
do respectivo expediente de contratación no portal de transparencia
do Concello.
Creación
dun órgano de control, coa participación de tódalas forzas políticas, de todas
as obras públicas, independentemente de cal sexa a administración contratante
ou concellería á que a obra pertenza. Por medio do mesmo mecanismo
facilitarase, dende a revisión e coñecemento dos proxectos, ata as
modificacións do mesmo; o control da execución de obra, etc.
Establécese
un claro compromiso para evitar o fraccionamento nas obras municipais,
realizándose os procedementos de contratación a través das correspondentes
Mesas de Contratación.
Como
mínimo, cada tres meses publicaránse os convenios, as subvencións e
as contratacións no portal de transparencia municipal.
3.
Limitar
o gasto a 54.343,4€ anuais en 2 adicacións
exclusivas. Desaparecerán totalmente as asesorías e os cargos a dedo.
4.
Acordar
cos axentes sociais, económicos, culturais e deportivos un programa anual de eventos
que aporte beneficios non só económicos, senón tamén de coñecemento e que
contemplará a celebración de festexos, feiras, actos lúdicos e culturais.
Debido á
ambigüidade do documento redactado polo PSdeG-PSOE, queremos deixar claro que a
Feira de abril debe integrarse na Feira
das Culturas e non ter unha entidade propia.
Abrir á cidadanía,
e non só a comerciantes e profesionais, a elección dos días de Festas Locais
mediante unha rede de consultas.