O texto foi aprobado con 90% dos votos a favor e o 10% de abstencións.
ACORDO ENTRE A MAREA CIDADÁ DE NOIA E O PSdeG-PSOE
DE NOIA PARA A INVESTIDURA DE MIGUEL PAZ COMO ALCALDE QUE SE SOMETERÁ Á
VOTACIÓN EN ASEMBLEA
Despois das
reunións mantidas os días 6 e 11 de xuño de 2015, ambas formacións chegan ós
seguintes puntos de acordo para a investidura do candidato Miguel Paz como
alcalde de Noia:
1.
O 20%
do gasto en investimento anual será destinado á ría, tanto para o marisqueo
como para a recuperación do mar de Noia e do seu porto. Crearase a Comisión do
Mar como un espazo de interlocución co conxunto das organizacións políticas con
representación municipal e coas entidades sociais.
2.
Creación
dun departamento de turismo para o dinamismo deste sector durante o primeiro
ano de mandato. Impulsarase ao sector turístico, con inversión pública e con
colaboración coa iniciativa privada para posicionar Noia nos itinerarios
turísticos. Entre outras medidas, crearase no primeiro ano de goberno e dentro
do departamento de Turismo unha Oficina de Turismo, aberta durante os 365 días
do ano e que contará con persoal especializado.
3.
Publicación,
antes dun ano, das contas municipais a través da páxina web priorizando un
portal de transparencia no que xa incluirán as contas do último curso político.
4.
Todas
as contratacións municipais serán publicitadas, incluíndo aquelas que polo seu
importe se consideran obras menores. Será accesible a información do respectivo
expediente de contratación no portal de transparencia do Concello.
Creación dun órgano de control, coa participación de tódalas forzas políticas,
de todas as obras públicas, independentemente de cal sexa a administración
contratante ou concellería á que a obra pertenza. Por medio do mesmo mecanismo
facilitarase, dende a revisión e
coñecemento dos proxectos, ata as modificacións do mesmo; o control da
execución de obra, etc.
Procederase á realización da Mesa de Contratación correspondente, cando no
órgano de control exista unha solicitude para que un proxecto de obra non sexa
adxudicado de xeito directo senón como se fose unha obra maior.
Establécese un claro compromiso para evitar o fraccionamento nas obras
municipais, realizándose os procedementos de contratación a través das
correspondentes Mesas de Contratación.
Como mínimo, cada tres meses publicaránse os convenios, as subvencións e as
contratacións no portal de transparencia municipal.
5.
Limitar
o gasto
a 54.343,4€ anuais en 2 adicacións exclusivas. Desaparecerán totalmente
as asesorías e os cargos a dedo.
6.
Noia,
vila libre maltrato animal e de agresións ao medioambiente. Nin animais
abandonados nin cartos publicos para as touradas.
7.
Acordar
cos axentes sociais, económicos, culturais e deportivos un programa anual de
eventos que aporte beneficios non só económicos, senón tamén de coñecemento e
que contemplará a celebración de festexos, feiras, actos lúdicos, culturais e
deportivos. Dentro dese programa anual de eventos contemplarase a celebración
da Feira das Culturas, na que poderá integrarse a Feira de Abril.
Abrir á cidadanía, incluindo ao comercio e á hostelería, na elección dos días
de Festas Locais a través do portal web municipal.
8.
Revisión
de todos aqueles procesos de emprego público do concello que non se levasen a
cabo acolléndose aos principios de mérito, capacidade e igualdade e traballar
nese sentido no futuro.
Despois do falado o pasado día 6 propoñemos engadir o seguinte texto xa que
reforzaría o fondo do asunto: Solicitando un informe dos servizos de Secretaría
e Intervención Municipal.
9.
Creación
das medidas públicas a prol do fomento da conciliación.
10.
Garantir
que calquera persoa teña cubertas todas as necesidades básicas (vivenda, luz,
auga, comida...)
PUNTOS ACORDADOS A MAIORES A PROPOSTA DE AMBAS FORMACIÓNS
· Tomar como elemento fundamental de
referencia á hora de traballar coas entidades bancarias por parte do Concello
de Noia o feito de que colaboren a fin de impedir o desfiuzamento de persoas en
situación de extrema necesidade por impago de créditos.
· Políticas de Transparencia e calidade
democrática:
1)
Retransmisión
en directo dos plenos municipais a través das ferramentas tecnolóxicas que o
posibiliten.
2)
Reunións
da Xunta de Portavoces para facilitar o achegamento a tódolos grupos políticos
presentes na corporación dos asuntos cotiás de xestión e funcionamento
municipal.
3)
Convocatoria,
cunha periodicidade mínima mensual, de tódalas comisións que se creen para o
seguimento ordinario do traballo das diferentes áreas municipais
4)
Poñer
a disposición de tódolos cidadáns as actas das sesións plenarias en soporte
dixital, a través do portal de transparencia municipal.
5)
Retransmisión
en directo da apertura de plicas en calquera proceso de concurso público.
· Manter a colaboración coas ANPAS dos
centros educativos, colaborando na realización de actividades e programas
complementarios para as nenas e nenos que estudan neles.
· Firme apoio aos clubes e asociacións
deportivas de Noia para o fomento do deporte de base e compromiso de seguir
mellorando as instalacións e o servizo público de piscina municipal.
· Posta en funcionamento do Plan Xeral de
Ordenación Urbana e axilización dos trámites de licencias municipais de obra.
· Compromiso para poner en marcha en menos
de seis meses un Programa Municipal de limpeza das parroquias e núcleos rurais
de Noia.
· Seguiremos impulsando a Mostra de
Curtametraxes de Noia co obxectivo de convertilo nun evento de referencia a
nivel estatal e internacional.