A Marea Cidadá de Noia non
entrará a formar parte do goberno do executivo noiés pero facilitará unha
alcaldía do Partido Socialista, sempre que se cumpran as seguintes condicións.
1. O 20% do gasto en investimento anual será
para recuperar o mar de Noia.
2. Creación dun departamento de turismo para
o dinamismo deste sector durante o primeiro ano de mandato.
3. Publicación, antes dun ano, das contas
municipais a través da páxina web priorizando un portal de transparencia no que
xa incluirán as contas do último curso político.
4. As adxudicacións maiores de 10.000€
pasarán, desde o minuto cero deste mandato, por unha mesa de contratación,
salvo previa xustificación de urxencia nunha comisión.
5. Non se permitirá un gasto superior a
54.343,4€ anuais en dedicacións exclusivas e estas sempre lle corresponderán ao
partido do alcalde. Desaparecerán totalmente as asesorías.
6. Noia, vila libre maltrato animal e de
agresións ao medio ambiente. Nin animais abandonados nin cartos publicos para
as touradas
7. Subtitución da Feira de abril por unha
feira intercultural.
8. Revisión de todos aqueles procesos de
emprego público do concello que non se levasen a cabo acolléndose aos
principios de mérito, capacidade e igualdade e traballar nese sentido no
futuro.
9. Creación das medidas públicas a prol do
fomento da conciliación.
10. Garantir
que calquera persoa teña cubertas todas as súas necesidades básicas (vivenda,
luz, auga, comida…)
Cláusula 1: De non se aceptar este decálogo por parte
do PSOE, convocarase unha asemblea extraordinaria na que se decida se os mínimos
propostos son sufientes para investir ao novo candidato.
Cláusula 2: De non triunfar unha alcaldía do PSOE,
votarémonos a nós mesmos no pleno de investidura.
Cláusula 3: Este acordo será público unha vez emitida a votación.
Cláusula 4. En caso de incumprimento das medidas,
procederase á convocatoria da asemblea para determinar as posibles
consecuencias.