Coñeces a Manolo Seijas?

Son Manolo Seijas, nacín en Outes no ano 1991 e aos
Seijas candidato á alcaldía
dous anos vinme vivir a Noia. Estudei no colexio da Barquiña e  cursei a secundaria na Peña. O Bacharelato fíxeno no IES Campo de San Alberto, e tras pasar a selectividade, decidín poñer rumbo a facultade de Ciencia Política, onde me graduei no 2013. Un ano despois volvín ao Instituto de “Arriba” para facer un ciclo superior en Administración e Finanzas e agora estou rematando un Máster en Xestión e Dirección Laboral na Universidade de Compostela.

Decidín mergullarme na Marea Cidadá porque estou farto de escoitar sempre aquilo de “todos os políticos son iguais: todos van encher os petos, todos uns corruptos”. Entón pregunteime: quen nos vai gobernar? E cheguei a conclusión de que a cidadanía tiña que mobilizarse para recuperar a política e poñela ao servizo das persoas. Atopeime con xente que tiña as mesmas inquedanzas e así foi como conformarmos de principio este proxecto que é a Marea.
Noia é unha potencia aínda sen explotar. A nosa ría tén que ser o piar básico da nosa economía e hai 3 millóns  de metros cadrados de fango que imposibilitan a súa óptima utilización. O turismo é outra das patas do noso proxecto, xa está practicamente sen explotar porque só nos adicamos a el nos meses de verán. E o inverno aquí é moi longo. Apostamos pola desestacionalización promovendo o noso patrimonio cultural, promocionando os nosos espazos naturais como son os nosos montes, as nosas ribeiras, os nosos roteiros de sendeirismo.



Creo que estes dous sectores ben conxugados poden ser unha boa fórmula para crear postos de traballo digno na vila e solucionar o gran problema de desemprego que estamos a sufrir. Así que agora toca mollarse!