Os membros da Marea Manolo Seijas, e Carlos Maquieira reuníronse a pasada semana co deputado de Alternativa Galega de Esqueras, Antón Sánchez, para levar ao Parlamento o estado do saneamento en Noia.
A Marea de Noia entregou un completo documento de demandas relativas ao saneamento da ría, cuestión vital para as propostas de futuro que están a defender, como son a ampliación das zonas produtivas de marisqueo, a mellora da calidade das augas e a eliminación das zonas C, a potenciación da venda directa e eliminación de intermediarios no marisqueo, así coma a mellora das zonas de baño para ofrecer unha calidade das augas óptimas para o verán.
O documento considera imprescindíbel o enfoque integral do problema, xa que é consecuencia da situación de toda a bacía dos ríos Tambre e Traba e non só da situación a nivel local. Dende este enfoque integral será importante mellorar a xestión dos xurros e o saneamento integral dos núcleos de poboación dos concellos que verten a estes doú ríos.
A nivel de concello instarase, a través dunha iniciativa parlamentar, a solucionar de inmediato os problemas das instalacións de bombeo que impiden que cheguen á depuradora preto do 90 % das augas fecais e a chegada do saneamento as parroquias.
