A Marea
Cidadá de Noia considera carente de toda ética o comportamento do Conselleiro
de Educación na súa visita ó colexio Felipe de Castro
Na súa valoración da visita do conselleiro de
Educación, Román Rodriguez, ás instalacións do colexio Felipe de Castro, a
Marea Cidadá de Noia calificou de "carente de toda ética" e de
"exercicio de cinismo" o feito de que o conselleiro se achegue a Noia
en plena campaña electoral a prometer a acometida de obras no centro educativo,
unha demanda da ANPA que leva desatendida moitos anos.
Manifestan tamén a súa sorpresa polo cambio de
actitude do candidato á alcaldía, Santiago Freire, quen "mentres foi
deputado non moveu un dedo por adecentar o colexio e sen embargo agora amósase
interesadísimo en levar a cabo as obras".
A Marea Cidadá de Noia cre que este tipo de
comportamentos deben ser desterrados da vida política e considera que quen así
actúa está a tomar por bobos ós veciños.
Extenderon tamén as súas críticas ó actual grupo de
goberno da vila, composto por PSOE, BNG e NO.I.A., que tendo a competencia para
o mantemento do centro, preferíu deixalo no abandono.
Recoñecen sen embargo que as obras de amelloramento
das instalacións non só son necesarias senón tamén urxentes, polo que acollen
con satisfacción a medida