A Marea Cidadá de Noia
celebrará unha asemblea para decidir a súa posición no pleno de investidura logo
das eleccións do 24 de Maio.
Estando convencidos de acadar representación nas vindeiras
eleccións e podendo ser decisivos á hora de conformar goberno, a Marea de Noia,
seguindo o seu funcionamento asembleario, decidirá o seu posicionamento nunha
asemblea onde terá dereito a voto todas aquelas persoas que se sumen a Marea mediante un formulario habilitado na
web www.mareadenoia.com.
Todas as persoas que se vexan representadas polos principios,
manifesto e funcionamento da Marea poden asinar o manifesto e os seus
principios, e terán dereito a voto na asemblea.
As asembleas da Marea Cidadá de Noia sempre son e seguirán a ser
abertas, pero sendo coñecedores da importancia e repercusión que pode ter a
asemblea onde se decida un posible goberno para Noia, queremos ter un mecanismo
interno para non ter posibles inxerencias do resto de partidos para tentar
levar a votación aos seus intereses.
Ademáis das persoas que asinen o manifesto e principios, tamén
terán dereito a voto aquelas persoas que xa participaron activamente en
asembleas anteriores, primarias, grupos de traballo e na candidatura.
Vai a ser a primeira vez que unha decisión de este tipo sexa
tomada polas persoas que se sumen a Marea.
A Marea tamén fixo público que en ningún caso vai a aceptar nin adicacións
exclusivas nin asesorías a cambio de un posible acordo con algún partido. Dende
a Marea confían en opter a maioria suficiente como para liderar o cambio en
Noia.
A asemblea se celebrará de forma presencial para que exista un
debate para ver o que é mellor para a cidadanía de Noia sempre respectando os
principios fundacionais da Marea.