![]() |
Miguel ocupa o 7º na lista da Marea |
Ola, son Miguel Mayán Martínez veciño de Eiroa e teño 29
anos. Despois de facer un pouco de todo e ter rematados dous ciclos,
na actualidade son monitor de tempo libre e estou estudando Educación
Infantil, xa que coa crise actual son un de tantos mozos que non atopa un
traballo digno e continúan formándose na búsqueda dun futuro mellor.
Decidín mollarme nisto da Marea Cidadá, porque estou
canso de ver como os políticos miran só polos seus intereses e non pola xente
do común; que somos os que os poñemos nese cargo para, en teoría, servir os
cidadáns. Por iso creo que é a hora de que a xente do pobo que está a sufrir os
recortes e esta perda de dereitos, se preocupe de facer a política que
merecemos tomando partido nun proxecto aberto, participativo e horizontal como
é esta Marea Cidadá de Noia.