A
Marea de Noia ca súa convicción de transparencia nas administracións públicas
considera que calquera veciño ou veciña de Noia ten dereito a saber en que
gasta o Concello os seus cartos. Dende a Marea recalcan en que cada euro que
sae das arcas municipais debe ser contabilizado polo concello.
A Marea asegura que a cidadanía debe coñecer o que custan os eventos que organiza o concello, tamén propoñen que nos apuntes aparezan as empresas a que lle merca o produto ou servizo, co fin de evitar que amigos, familiares ou coñecidos se leven as obras menores que non precisan pasar pola mesa de contratación.
Apostan por un concello con paredes de vidro, polo tanto o mellor xeito de que se asegure a transparencia nas contas públicas e mediante un control exhaustivo por parte dos cidadáns sobre as contas públicas.
Sería
importante que agora que a menos de dous meses para as eleccións municipais
están en marcha todas as obras do mandato se publiquen as contas reais do
Concello de Noia.
Critican
que o actual goberno municipal non deu nin un só paso en transparencia nas
contas públicas e que chegou o momento de este tipo de xestións caducas tomen
outro rumbo xa que os cidadáns demandas máis transparencia no Concello