A Marea Cidadá de
Noia está organizando xuntanzas polas parroquias co fin de elaborar un programa
que se axuste a realidade e garantindo a posterior implicación da cidadanía na
toma de decisións.
Hoxe mesmo ten
previsto ás 21:30 estar no local social de Roo, mañá ás 19:30 en Barro e o
Mércores ás 20:30 no Obre. Nel os membros dos grupos de traballo da Marea
escoitan activamente ás persoas que se acercan, para tomar nota das súas
propostas e debatelas na asemblea que
aprobará o programa electoral co que se presentará as eleccións do 24 de maio.
Non só as
xuntanzas son coa veciñanza nas parroquias senón que tamén se reúnen con todo
tipo de asociación e persoas que están a desenvolver diferentes actividades na
vila de Noia, como son asociación culturais, protectoras de animais, asociación
de empresarios, asociación de benestar …
Dende a Marea
tamén recalcan a importancia de que os cidadáns a título individual aporten propostas
atreves da web no apartado “Banco de propostas” ou se o prefiren o vindeiro
domingo estarán na Rúa do Curro recollendo ideas para o proxecto.