
Destacan dende a Marea que calquer veciño ou veciña pode propoñer calquer
outro grupo dende a páxina web www.mareadenoia.com hai un espazo
habilitado para esta cuestión, cubrindo o fórmulario de participación.
Estes grupos terán como finalidade elaborar un documento que será o
programa electoral co que A Marea se presentará as vindeiras eleccións
municipais.
1. A
RÍA: grupo de traballo
caracterizado por propor medidas para o saneamento da nosa ría e aumento dos
espazos produtivo da mesma. Tamén se inclúe neste grupo de traballo o marisqueo
como fonte de riqueza sustentable para o noso concello.
2. Comercio
e turismo: grupo de traballo
que ten como función impulsar medidas de promoción da economía en dous sectores
tan importantes como son o comercio e o turismo na vila.
3. Cultura: neste grupo de traballo impulsaranse medidas para poñer
en valor o noso patrimonio artístico e preservar e recuperar os tesouros
históricos da nosa vila que se materializarán con propostas de diversas
actividades relacionadas coa nosa cultura e o noso idioma.
4. Deportes: este grupo estará adicado a realizar propostas para a
mellora organizativa dos espazos deportivos, ademais de apostar por unha vida
saudable en todos os ámbitos do concello.
5. Benestar
social. Grupo que terá
como fin a elaboración dun proxecto con medidas de protección social como son a
conciliación, a educación, a sanidade e a atención á terceira idade así como
elaborar un plan de emerxencia para garantir que todos os veciños do Concello
dispoñan dunha vida digna.
6. Participación
Cidadá e relación veciñais:
artellar mecanismos para devolverlle a cidadanía o poder de decisión, non só
cada catro, senón que sexan un suxeito activo na toma de decisións. Tamén
impulsar medidas de transparencia nas contas públicas.
7. Obras:
Este grupo terá como obxectivo
principal a elaboración dun documento que incluía unha relación de obras
necesarias para a vila de Noia.
8. Medio
ambiente, ecoloxía e defensa dos animais: grupo que tentará buscar as medidas necesarias para a
recuperación e defensa da natureza na nosa contorna. Apostando polo reciclaxe e
as enerxías renovábeis. Este grupo tamén estará adicado a garantir os dereitos
dos animais dende a administración local.
Todas as propostas deberán ser
realistas de acordo aos principios da Marea de Noia de non prometer utopías.