Aberto o prazo de presentación da candidatura para as primarias da Marea
Cidadá de Noia.
A Marea Cidadá de Noia segue o seu camiño, o seguinte paso é
a presentación de candidaturas para encabezar a lista que a Marea presentará o
vindeiro mes de maio, e será no primeiro proceso de primarias abertas a
cidadanía que se dá na vila de Noia nos corenta aos de democracia.
Os interesados presentará a súa solicitude na web da Marea
www.mareadenoia.com ou no correo electrónico. O domingo será a proclamación das
candidaturas e abrirase unha semana de campaña onde as distintas candidaturas
se darán a coñecer.
O proceso rematará cunha votación o domingo 22 de febreiro,
na que pode participar calquer veciño ou veciña de Noia maior de 16 anos que se
interese no proxecto.
O sábado ás 19:30 será a constitución dos grupos de traballo
no local do Espirito Santo (antigo matadoiro) onde se establecerán os obxetivos
dos equipos.

