O domingo 12 de novembro a partir das 17:3horas, Noia vivirá un dos poucos magostos que se
celebrarán este ano, excluíndo aqueles que se realizan nos centros educativos,
a terceira edición do Magosto da Marea de Noia, que pretende recuperar as festas populares galegas.
O evento contará con Serafín o castañeiro, xogos populares da
man de Xoaniña Animación para as peques e tamén celebrará “O día do tropo”, cun pequeno agasallo a cada nena ou neno que se
acerque a disfrutar dun dos xogos populares galegos mási coñecidos.
Dende a Marea reclaman deste xeito, máis apoio dende as
institucións a este tipo de festexos e celebracións que son propias de vilas
como Noia e que gozaron de moita relevancia anos atrás.
